PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza concedeu ao Concello de Marín unha subvención para a Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero "Programa de Reestruturación Vital". Para máis información poden chamar ao CIM no teléfono 986 891 802 ou achegarse ao 2º andar da Casa Principal da Finca de Briz. Con esta subvención lévanse a cabo as seguintes accións:


ÁMBITO
ACCIÓN

PROTECCIÓN DOS DEREITOS

Creación do Punto de Intercambio Familiar (PIF)

SAÚDE E
ATENCIÓN
SOCIOSANITARIA


Elaboración dun folleto divulgativo, a modo de marcapáxinas, para mozas e mozos sobre os novos escenarios da violencia de xénero: Redes sociais e mensaxe rápida.



FORMACIÓN E EMPREGO


Obradoiro de emprendemento feminino a través de fórmulas de autoemprego: Iniciación ao Corte e Confección de prendas.

Curso de manipulación de alimentos



PERSOAL E FAMILIAR


Arteterapia.Traballando a creación a través do arte. Debuxo de formas.Pintura: anímica.Modelado: meditación. Para mulleres vítimas de violencia de xénero e as súas fillas e fillos ou persoas dependentes.

Tardes de Briz. Creación dun espazo e un tempo lúdico- terapéutico para vítimas de violencia de xénero, fillos ou fillas e novas parellas


SOCIAL E COMUNITARIO


Creación da Exposición de fotografías “Cadeas Rotas”.con mulleres vítimas de maltrato, fillas e fillos e persoas dependentes.Zona rural e casco urbano


EDUCACIÓN E CULTURA


25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero.”Tacóns na corda” e Mesa Redonda técnica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario