TARDES DE BRIZ
O día 13 de maio empezou unha actividade para mulleres que durará ata o día 10 de xullo. Esta iniciativa terá lugar nas instalacións da Casa Principal de Finca de Briz, todos os luns en horario de 19.00 a 20.30 horas.
A iniciativa consiste en crear un espazo de encontro e de lecer, onde as mulleres poidan expresarse e darlle forma as inquedanzas e ilusións que por circunstancias da súa vida persoal non puideron levar a cabo, o grupo será guiado por terapeutas con experiencia en dinámica de grupos e desenvolvemento persoal.
En cada sesión as protagonistas serán as propias mulleres que a través das súas expectativas irán escribindo o guión de cada luns. Cada actividade será proposta polo grupo e levarase a cabo segundo as súas preferencias.
Animamos a todas aquelas mulleres interesadas a participar na actividade pois o grupo é aberto e pode ir variando, para elo poden apuntarse no CIM, sito no 2º andar da Casa Principal da Finca de Briz ou chamar ao teléfono 986891802.
| Casa Principal da Finca de Briz |
Esta actividade paréceme moi interesante para as mulleres
ResponderEliminar