A elaboración desta guía pretende dar resposta á necesidade da sociedade actual e das mulleres en particular, de avanzar cara a unha igualdade real. A lingua non é sexista pero si o uso que facemos dela. Coma elemento dinámico que se mantén en continua evolución, posúe múltiples alternativas para adaptarse aos cambios que demanda a nosa sociedade, algúns deles serían a visibilización dos logros das mulleres e da súa propia existencia.
Todas aquelas persoas que o desexen teñen a súa disposición un CD con programas informáticos para o uso dunha linguaxe máis igualitaria, realizado coa colaboración do persoal técnico da Concellería de Igualdade a través da Resolución do 5 de xuño de 2009 da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de programas experimentais e innovadores en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
Este CD contén os seguintes programas informáticos:
- OpenOffice: unha ferramenta ofimática de código aberto que serve para o procesamento de textos.
- Exeria: aplicación que facilita a revisión lingüística de textos e ofrece alternativas para un uso de linguaxe igualitaria, en galego.
- OpenKids: unha distribución infantil de OpenOffice para rapazas e rapaces de 7 a 12 anos de idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario