ACTIVIDADES DE SETEMBRO




A Concellería de Benestar Social do Concello de Marín, a través do CIM, iniciará novas actividades despois do verán con dous cursos concedidos pola Deputación de Pontevedra, un de PINTURA E RESTAURACIÓN DE MOBLES e outro de TAPICERÍA e unha ANDAINA, dende a Finca de Briz ata o Cruceiro de Pazos, datado no ano 1816 e preto da Igrexa de San Xulián.

Para participar na Andaina só é necesario acudir puntualmente con roupa cómoda e algunha bebida para hidratarse á Casa Principal da Finca de Briz ás 19.00 horas o día 16 de setembro, pois será o punto de partida dende onde se iniciará a marcha. Esta actividade ten como obxectivo o descubrimento de novas rutas e a revalorización do noso patrimonio. Ás persoas que participen na marcha entregaráselles unha ficha con información sobre o monumento a visitar que poderán coleccionar xunto con outras que se darán en posteriores marchas que se levarán a cabo.

Esta concellería espera que as actividades sexan de interese para a poboación e supoñan un punto de encontro de xente interesada en facer exercicio e socializarse aproveitando o noso patrimonio histórico e unha oportunidade de atopar unha alternativa de formación de calidade e autoemprego cos cursos concedidos pola Deputación de Pontevedra.

Para máis información poden acudir ao Centro de Información ás Mulleres, sito no segundo andar da Finca de Briz, ou chamando ao teléfono 986891802 en horario de 8.00 a 14.30 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario