HOMENAXE AS MULLERES DE MARÍN ADICADAS AO MAR


A Concellería de Benestar Social, a través do CIM, levou a cabo unha homenaxe as mulleres do mar o 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional das Mulleres. Esta actividade foi posible grazas a colaboración desinteresada de Laureano Gallego, Víctor Lorenzo, Muñiz e Cerviño, que coas súas fotografías axudaron a visibilizar e valorar o traballo destas mulleres. Tamén é necesario sinalar ás traballadoras da Praza de Abastos de Marín, a Confraría de Pescadores de Lourizán Santo André, á Empresa Marfrío Marín e supermercados Froiz, os Cordeeiros de Marín, as asociacións Virxe do Porto, Santa Mª do Campo, O Abeiro, Santa Cecilia e Amigos dos Rapaces, sen as súas aportacións non podería sair adiante esta homenaxe. Particularmente é necesario facer un agradecemento especial a Emilia Millán, Manuel Mallo, Carolina Solla, Tesi Carragal e Jose Manuel Pazos Nogueira e finalmente ao persoal do Concello que colaborou activamente na posta en marcha da Exposición "As mulleres e o mar".
      
Aquelas persoas interesadas en conseguir unha mostra do material pódense poñer en contacto co CIM de Marín a través do teléfono 986891802, o correo electrónico cim.marin@concellodemarin.es ou no enderezo Finca de Briz 2º andar.

MOITAS GRAZAS E CONTINUAREMOS TRABALLANDO PARA FACER MÁIS FÁCIL A CONVIVENCIA ENTRE HOMES E MULLERES.


No hay comentarios:

Publicar un comentario