TARDES DE BRIZ. CREACIÓN DUN ESPAZO E UN TEMPO LÚDICO-TERAPÉUTICO.PRIMEIRA ANDAINA ATA O CRUCEIRO DE PAZOS EN SAN XULIÁN.

O día 16 de stembro ás 19.00 horas un grupo de persoas de 8 a 65 anos, con gañas e ilusión, iniciaron unha actividade que esperemos poida repetirse en máis ocasións. Esta actividade promove a vida saudable e o coñecemento do noso patrimonio cultural e está solicitada a súa cofinanciación ao Fondo Social Europeo e a Secreatría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas  e Xustiza. Deixamos unha mostra da visita e unha descrición do monumento visitado.











O Cruceiro de Pazos San Xulián (1816)
Aséntase nunha plataforma de dous chanzos, sobre a que se ergue un pedestal cúbico coa inscrición: DEVOCION D MARIA D PAZOS 1816 VERDº PEDRO. Sobre o pedestal álzase un esvelto fuste de sección cadrada na base, e logo octogonal, decorado con varias figuras: unha imaxe de Adán e Eva, baixo a árbore da Ciencia, acompañados da serpe, no lateral, que lle ofrece a Eva unha mazá coa boca. Enriba, unha imaxe de San Pedro, acompañada, polo outro lado, de San Antón co Neno no colo. O capitel é de orde composta, con cabezas de querubíns de adorno no ábaco por tres dos seus lados, mentres que polo cuarto está a caveira de Adán, con dúas tibias cruzadas. No anverso da cruz, represéntase unha imaxe de Cristo crucificado. Un anxo recolle o sangue que mana do seu costado nun graal, mentres que outros dous, sobre os brazos da cruz, sosteñen o Sudario. No reverso hai unha representación da Virxe María, sostida polos seus pes por outros dous anxos.Conserva restos de policromía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario