USO DUNHA LINGUAXE NON SEXISTA

Teresa Meana Suárez é filóloga e autora do libro "Porque las palabras no se las lleva el viento.Por un uso no sexista de la lengua"

NOMBRA.EN .RED é un asistente informático para un uso da lingua non sexista en castelá do Instituto da Muller.

FACEMOS USO DUNHA LINGUAXE NON SEXISTA CANDO:
  1.  NON NOS CONFUNDE COA SÚA MENSAXE
  2.  INCLÚE E FAI VISIBLES A ÁMBOLOS DOUS SEXOS
  3.  VALORA POR IGUAL A MULLERES E HOMES
  4.  DALLE A PALABRA A TODO O MUNDO

Prodúcese sexismo coa lingua cando a mensaxe resulta discriminatoria debido a súa forma, é dicir, debido ás palabras ou estruturas utilizadas.

ERROS MÁIS FRECUENTES:

   1.  USO DO XÉNERO GRAMATICAL MASCULINO COMO XENÉRICO PARA  FACER REFERENCIA TANTO A HOMES COMA A MULLERES. Os profesores (o profesorado), o home (a humanidade), os alumnos (o alumnado), os cidadáns (a cidadanía). Se analizamos morfolóxicamente a palabra alumnos obtemos que é nome, masculino, plural e por que é utilizada como xenérico se existe a palabra alumnas para referirnos ao feminino ou alumnado para facer referencia aos dous sexos?

   2.  USO DE DIFERENTES TRATAMENTOS FORMAIS PARA CADA SEXO QUE EN OCASIÓNS  MINIMIZAN ÁS MULLERES. Señora e señorita (solteira) fronte ao tratamento de señor.

    3.  UTILIZACIÓN DE NOMES E ADXECTIVOS CON DISTINTO VALOR SEMÁNTICO PARA HOMES E PARA MULLERES. Zorro e zorra. Asistente (persoal) e asistenta( no fogar).

  4. PROFESIÓNS NAS QUE O FEMININO TEN CONNOTACIÓNS PEXORATIVAS. Verdudeiro (froiteiro) e verdudeira (lercha, lareta)

   5.  CONNOTACIÓN DESPECTIVA  RELACIONADA COA CONDUTA SEXUAL. Fulano e fulana, home público e muller pública.

O noso sistema lingüístico é moi rico e ofrece posibilidades para que non se produza a discriminación sexual no uso do idioma, mulleres e homes podemos visibilizarnos a través do seu uso. Os fenómenos lingüísticos sexistas poden e deben evitarse sen alterar as normas gramaticais, enriquecendo o noso discurso oral ou escrito. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario